mércores, 9 de marzo de 2016

PROGRAMACIÓN 2016 DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN BIBLIOPAZOS

BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén volve outro ano coas actividades de Animación á Lectura.

Neste ano 2016 comenzamos o pasado venres 26 de febreiro co contacontos a cargo de Marisa Irimia "Contando con Rosalía" no que participaron os alumnos de 3º e 4º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI) que teñen a súa sede en Pazos de Borbén.

A actividade foi patrocinada íntegramente pola Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén.



Continuando coa programación, nos próximos días, e nos meses de Abril, Maio e Xuño, realizaremos varias activiaddes en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrolará ao longo do ano 2016 a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita temos programadas actividades moi interesantes.

Con esta programación, como en anos anteriores, dende BIBLIOPAZOS preténdemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazos de encontro para descubrir e compartir. Así ofreceremos un conxunto de actividades para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.


O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan. 

BIBLIOPAZOS comparte os obxectivos do programa LER CONTA MOITO co que se pretende:
  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
As actividades previstas para as vindeiras semanas son as seguintes:


https://www.dropbox.com/s/9a7mvw6mmvsselz/2016-03-17%20Raquel%20Galav%C3%ADs%20CARTEL3.jpg?dl=0O xoves día 17 de Marzo, ás 11:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoraremos o Día da Narración Oral (20 de Marzo), o Día da Poesía (21 de Marzo), e o Día Internacional do Teatro (27 de Marzo) coa actriz, presentadora de televisión e contacontos Raquel Galavís co seu espectáculo de narración oral e de dinamiación con música, teatro e danza "CANTACONTOS", dirixido a nenos e nenas de 3 a 99 anos. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO.

O mércores 6 de Abril, a partir das 11:00 horas na Sala de Lectura, contaremos co actriz e contacontos Olga Abad Prieto co seu obradoiro creativo de sombras chinescas "As nosas historias", dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos, e no se se busca fomentar a creatividade dos nenos, a escoita, e dar a coñecer ás novas xeracións a narración oral galega máis antiga. Con esta actividade que forma parte do programa LER CONTA MOITO, celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril).

O xoves 21 de Abril, ás 13:00 horas na Sala de Lectura terá lugar a actuación da contacontos Andrea Vázquez Fernández que nos traerá o espectáculo de narración oral dirixido a nenos e nenas de 0 a 9 anos "Mergullámonos?" no que os cativos escoitarán un conxunto de historias que nos convidan a explorar o mundo das emocións. Espectáculo incluído no programa LER CONTA MOITO, co que conmemoraremos o Día Internacional do Libro (23 de abril).

O venres 2o de Maio, na Sala de Lectura, a partir das 13:00 horas terá lugar unha nova actividade, este vez de narración oral e maxia. Unha sesión co Mago Paco de A illa d@s nen@s e o seu espectáculo "Divermaxia" dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Unha actividade de dinamización á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Actividade incluída no programa LER CONTA MOITO, coa que celebraremos o Día das Letras Galegas (17 de maio).

O xoves 16 de Xuño, no Auditorio do Concello, a partir das 13:00 horas, conmemoraremos a próxima chegada do Verán e do Fin do Curso Escolar co espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Brinca vai! De aquí a acolá" a cargo de Paco Nogueiras. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades. Unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que ten a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando... Actividade incluída no programa LER CONTA MOITO.

Para asistir a estas actividades é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
986 497 273


VEN A BIBLIOPAZOS
E
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.