xoves, 31 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE SOMBRAS CHINESCAS "AS NOSAS HISTORIAS" - PROGRAMACIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2016

Continuamos coa programación 2016 de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS.


O próximo mércores día 6 de Abril, a partir das 11:00 horas na Sala de Lectura, aproveitaremos para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que terá lugar o día 2 deste mes.

Para esta celebración contaremos coa presenza da actriz e contacontos Olga Abad Prieto co seu

Obradoiro Creativo de Sombras Chinescas
"AS NOSAS HISTORIAS"



Dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos, e no que se busca fomentar a creatividade dos nenos, a escoita, e dar a coñecer ás novas xeracións a narración oral galega máis antiga.


Esta actividade que forma parte da programación de LER CONTA MOITO de 2016 que se desenrolará ao longo do ano 2016 a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita temos programadas actividades moi interesantes.



Con esta programación, como en anos anteriores, dende BIBLIOPAZOS preténdemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazos de encontro para descubrir e compartir.


Para asistir a estas actividades é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.