mércores, 3 de febreiro de 2016

NENA E O MAR

NENA E O MAR
Autora: Érica Esmorís
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A - 2015

Xénero: Literatura Infantil
Idade recomendada: +12 anos


Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas.
 
Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai.
 
"Nena e o mar" é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.
 

Premio Merlín de Linteratura Infantil 2015
 
ISBN: 978-84-9914-944-8
Encadernación: Tapa branda
Nº de páxinas: 179


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.