domingo, 14 de febreiro de 2016

KIWI UN PAXARO MÁIS BEN RARO

KIWI UN PAXARO MÁIS BEN RARO
Autora: Susanna Isern
Editorial: Edicións La fragatina - 2014
Coleción: Lo Mullarero

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

Un día Rato contoulle a Kiwi algo sorprendente: “Din por aí que es un paxaro”. “Un paxaro?”, estrañouse Kiwi. “Como vou ser un paxaro se non teño plumas nin grandes ás, non sei voar, o meu pelo pica e o meu bico é longo e bigotudo?”.

Un fermoso conto que nos fala da importancia das diferenzas, escrito por Susanna Isern e cunhas extraordinarias ilustracións de Rebeca Luciani. Este é, sen dúbida, un deses con­tos que os nenos e nenas pedirán, unha e outra vez, que lles volvamos contar.

ISBN: 978-84-16226-16-0
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 26 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.