venres, 26 de febreiro de 2016

CHOVEN PALABRAS NO FUTURO

CHOVEN PALABRAS NO FUTURO
Varios Autores
Coordinación: Concha Blanco
Editan: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
             Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)

Xénero: Narrativa, Poesía

Idade recomendada: A partir de 7 anos

Esta edición de "Choven palabras no futuro" conmemora as vodas de prata da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).

Nesta publicación atóparás un mollo de contos e de poemas e de textos literarios do máis diferentes que, convenientemente abeirados ás ilustracións, chegarán ata os corazóns dos que, aínda que pequenos, xa saben que nos libros e na literatura se agocha unha fonte moi grande de pracer.

Na publicación participaron 25 autoras e autores galegos relevantes do xénero como Marilar Aleixandre, An Alfaya, Xoán Babarro, Concha Blanco, Marica Campo, Maria Canosa, Paula Carballeira, Pepe Carballude, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Anxo Fariña, Ana Mª Fernández Martínez, Agustín Fernández Paz, Antonio Manuel Fraga Allegue, Antonio García Teijeiro, Xosé Neira Vilas, David Otero, Xosé A. Perozo, Antonio Reigosa, María Reimóndez, María Solar, Miguel Vazquez Freire e Helena Villar Janeiro.

A obra contou ademáis coa contribución de ilustradores galegos tales como Óscar Villán, Antonio Seijas, Xosé Tomás, Marifé Quesada, Xosé Cobas, Manuel Uhía e David Pintor.

Depósito Legal: C 1762-2014
Encadernación: Cartoné
Formato: 24 x 17 cm
Nº de páxinas: 59


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.