venres, 12 de febreiro de 2016

AS LENTES DE VER

AS LENTES DE VER
Autora: Margarita del Mazo
Editorial: Edicións La Fragatina - 2014

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

O Carliños é un neno pequerrecho e baixiño que só ten ollos para a Inés. Non obstante, ela, unha rapariga alta e guapa que atrae todas as olladas, nunca o ve.

El fai todo o que está ao seu alcance para facerse notar, pero non hai maneira: para a Inés é coma se el non existise. A esperanza chégalle o día en que a Inés anuncia na escola que lle van pór “lentes de ver” e o Carliños convéncese de que as súas olladas por fin se van cruzar...

Podes seguir a historia de Carliños no seguinte libro, "Carliños súper M". 

Coleción: Lo Mullarero
ISBN: 978-84-942019-8-1
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 30


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.