domingo, 31 de xaneiro de 2016

RECINTO GRIS

Recinto Gris 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección FÓRA DE XOGO 

Xénero: Narrativa Xuvenil

Lista do IBBY dos mellores libros para xoves con discapacidade 2015 

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou.

Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño.

Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

ISBN: 978-84-9914-608-9
Formato: 13 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 160


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.