Un misterio para Tintimán en Lugo
Autor: Santiago Jaureguizar
Ilustrador: José Matalobos
Colección: Un misterio para Tintimán
1ª Edición
Colección: Un misterio para Tintimán
1ª Edición
Literatura Xuvenil
Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista.
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial.
Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de
Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.
Fonte: Xerais
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.