luns, 21 de decembro de 2015

XENARO E A HUCHA DO INDIANO

XENARO E A HUCHA DO INDIANO
Autora: Mar Guerra
Ilustracións: Fernando Llorente
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A - 2010
Coleción: Merlín marelo

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 11 anos

A Xenaro Conese Maiúsculo complícanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña.

Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agochase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o de menos ao Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano.

ISBN: 978-84-9914-133-6
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19 x 14 cm
Nº de páxinas: 233

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.