sábado, 19 de decembro de 2015

CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN 
Autor: Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez
Edita: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
Vigo 2008

Neste libro descríbense as cruces, cruceiros e petos do Concello de Pazos de Borbén, proseguindo unha liña iniciada polo autor que, sen o propor, se converteu na máxima autoridade sobre este tipo de monumentos de carácter popular.

En Pazos de Borbén hai notables exemplos do bo facer dos vellos canteiros, que seguen a manter o seu anonimato, aínda que a tradición oral atribúe o máis vistoso de todos eles ó mestre Cerviño.

O autor, fiel ó seu estilo, proporciona, ademais, notable información adicional que converten o libro en obra de referencia para todo aquel que queira saber da historia e da etnografía deste concello a cabalo entre a ría de Vigo e a Terra de Montes.

ISBN: 978-84-87904-73-8
Nº de página: 135
Encuadernación: Tapa dura con solapas
Formato: 24 x 17 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.