luns, 7 de decembro de 2015

CONTOS DE NOVA YORK

CONTOS DE NOVA YORK
Autor: O Henry
Editorial: TrisTram, S.L - 1997

Xénero: Narrativa

Velaquí once dos moitos contos que O Henry -o gran narrador americano- escribiu sobre a súa cidade favorita, Nova York; máis ben, son contos sobre os neoiorquinos, xentes de toda índole reunidas en Manhattan para ser obxecto da mirada cálida e irónica de O Henry e para compartir unha cidade que foi e segue sendo unha referencia esencial deste século.

Toda gran cidade precisa un gran cronista, e o de Nova York foi O Henry. O espectáculo de Broadway, as cuadrillas de obreiros inmigrantes, os exércitos de oficinistas, os dandies, os vagabundos e os paseantes -sempre os paseantes- habitan nestas historias dun mestre do relato breve que amou a súa cidade.

Como di Antón Reixa no prólogo a este libro, "o coñecemento realista e sentimental do Nova York de finais do dezanove que transpiran estes relatos de O Henry aporta o disrute primixenio da modernidade antiga e a constatación de que Manhattan é a Gran Aldea, isto é, o mundo todo".

ISBN: 84-89377-13-8
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm
Nº de páginas: 127

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.