martes, 17 de novembro de 2015

ZAMPADANZAS DO MUNDO: DANZAS Á CARTA

ZAMPADANZAS DO MUNDO: DANZAS Á CARTA
Autoras: Marta Pereira Coutinho e Mercedes Prieto Martínez
Editorial: Edicións do Cumio, S.A - 2013

Xénero: Belas Artes
Idade recomendada: + 6 anos

Clases de danza? Que danza? 

De danzas! De danzas de sempre, de toda a xente, de ninguén, de todas as partes, de varios mundos.

Fun un día levar a miña irmá. Pediume que a levase en coche porque ía un día de temporal. A choiva non paraba, o vento reviraba todo polo ar. Pensaba eu que o mellor era quedar na casa, pero non miña irmá. - Ala!, que non quero perder a clase! Leveina... Co día que ía, decidín entrar. Díxenlle que quedaría por alí mirando ata que terminase.

Pero como memorizan toda a danza? E aínda rin e charlan e fan bromiñas e ha ha ha! e he he he!... A min aquilo parecíame máis difícil ca calquera outra cousa! Non entanto, sentinme un pouco celoso de tanta diversión... 

Contén:
CD con 10 cancións e 10 vídeos
Explicacións sinxelas das coreografías 
Letras e partituras
  
ISBN: 978-84-8289-461-4
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 106

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.