xoves, 12 de novembro de 2015

TAMBO

TAMBO
Autores: Laura M. García, Víctor A. Castro, Eduardo V. Castro e Fina Casalderrey
Editorial: Edicións do Cumio, S.A - 2013
 
Xénero: Contos Infantís
Idade recomendada: + 6 anos

Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal. Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.

Presenta unha esencia claramente educativa. Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade. Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías. Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.

Contén:
• 13 contos orixinais ilustrados cun fío común

CD de audio
• 13 cantigas en diferentes estilos

DVD
• 13 animacións dinámicas 
de Stop Motion con karaoke
• 6 coreografías gravadas 
por nenas en exteriores

ISBN: 978-84-8289-470-6
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 61

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.