domingo, 15 de novembro de 2015

SE OS LOBOS FALASEN... AS PERSOAS OUVEARIAMOS

SE OS LOBOS FALASEN... AS PERSOAS OUVEARIAMOS
Autor: Santiago Bas López
Editorial: AGCE, S.L - 2009

Xénero: Narrativa

Recóllense neste libro unha serie de historias sobre lobos, contadas con amenidade por un biólogo que dedicou unha grande parte da súa vida a seguilos polas serras máis afastadas da Galicia interior para estudar os seus costumes e habilidades.

"Se os lobos falasen... as persoas ouveariamos" transpórtanos a un mundo máxico onde realidade e fantasía se dan a man, mesturando con trazos biográficos os primeiros pasos duns estudantes de bioloxía da universidade de Santiago tralo animal máis emblemático da nosa fauna, cando ninguén, aínda, se tiña preocupado pola situación deste cánido.

Este libro é un canto á natureza do noso país, e está dedicado a ese mundo xuvenil no que radica a esperanza dun mellor futuro para as nosas especies salvaxes, tan na liña da filosofía que a AGCE defendeu dende a súa mesma fundación, hai agora case 25 anos.

ISBN: 978-84-87904-79-3
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 15 cm
Nº de páxinas: 179

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.