martes, 10 de novembro de 2015

BAILABÉN

BAILABÉN
Manual de aprendizaxe do baile tradicional galego 
Autores: Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez
Editorial: Edicións do Cumio, S.A - 2010 

Xénero: Bailes Populares - Aprendizaxe 

Con este manual pretendemos achegar material didáctico ao eido do baile tradicional, ou polo menos dar un primeiro paso nese camiño. É a nosa intención proporcionarlles aos mestres de primaria e secundaria unha ferramenta de axuda nas súas aulas. Así poderán dar a coñecer unha parte moi importante do noso patrimonio inmaterial.

Diríxese tamén a todos aqueles afeccionados e ensinantes do baile tradicional que queiran seguir a nosa liña sinxela e didáctica. Neste libro e no DVD que o acompaña atoparedes indicacións e descricións dos movementos de xota e muiñeira reforzadas con fotografías, así como un documento audiovisual de máis dunha hora de duración.

Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez son mestres de baile tradicional e membros do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago.

ISBN: 978-84-8289-316-7
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 57

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.