luns, 6 de xullo de 2015

REO

REO
Autor: Xesús Fraga
Editorial: Galaxia, S.A
Ano de edición: 2014

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 15 anos.

Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor.

O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade.

Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas.

Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo. 

Premio Fervenzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil.

Colección: Costa Oeste.
ISBN: 978-84-9865-542-1
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 21 x 14 cm
Nº de páxinas: 140

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.