venres, 29 de xaneiro de 2021

PLATAFORMA DO LIBRO ELECTRÓNICO - GaliciaLe


Todas as persoas socias que teñan carnet da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) poden acceder ás plataformas de GaliciaLe e eBiblio Galicia onde poderán atopar Ebooks e Audiolibros que poderás descargar ou ler en streaming; e visionar películas en liña.

Se esqueciches ou non dispós dos teus datos de acceso, ou non tes carné de lector podémoscho proporcionar se contactas connosco a través dos seguintes medios:

-Teléfono:    986 497 273
-Email:        biblioteca@pazosdeborben.org
-Redes sociais:   Facebook    @bpmpazosborben
                            Twitter         @Bibliopazos

HORARIO DE ATENCIÓN DE LUNS A VENRES
DE 09:00 A 14:00 horas

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.

Se esqueciches o teu contrasinal, preme aquí

Se desexas cambiar o teu contrasinal, preme aquí

Se non dispós de credenciais para acceder a GaliciaLe ou non as coñeces, podes solicitalas na túa biblioteca.

Se aínda non tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a unha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.

Unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.


Qué é GaliciaLe?

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.


GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

QUE PRECISAS PARA SER USUARIO/A DE GaliciaLe?

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
COMO LER UN LIBRO?

Lectura en liña:

Comproba que dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles, etc. para iniciar a lectura.

Lectura mediante descarga:

Antes de descargar un libro electrónico, comproba que:
  • Dispós dunha conta Adobe ID.
  • Tés instalada no teu equipo a aplicación Adobe Digital Editions en caso de que o teu dispositivo sexa compatible. En caso de que non o sexa, podes recurrir a algún dos programas que atoparás no titorial. Para saber se o teu dispositivo é compatible, podes consultar esta listaxe.
Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (dous no catálogo galego e outros dous no catálogo en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo de dous).

COMO VER UNHA PELÍCULA?

As películas poden visionarse en liña. Para iso, é preciso que antes comprobes se dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles, etc. para iniciar o visionado.

Poderás tomar en préstamo ata un máximo dunha película no catálogo galego e estará á túa disposición durante un prazo de 48 horas.

Se a película ou películas que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo dunha)

Para mais información contacta con BiblioPazos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.