sábado, 4 de xullo de 2015

O SOÑO DE ESTHER

O SOÑO DE ESTHER
Autor: Miguel Ángel Alonso Diz
Ilustracións: Luz Beloso
Editorial: Nova Galicia Edicións - 2014

Xénero: Contos Infantís
Idade recomendada: + 3 anos.

En "O soño de Esther" latexa a idea de que "o coñecemento é o contrario do medo". A súa protagonista, Esther, atopa nas vocais o fogar, o entretemento, a beleza, o camiño e a seguridade no descanso.

Grazas a elas consegue escapar dunha temible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que todo o quere destruír ao seu paso. Neste libro, as nenas e os nenos, achéganse ás vocais, aos números, aos puntos cardinais a través dunha fermosa e entretida historia. 

ISBN: 84-1-516489-0
Encadernación: Tapa dura.
Formato: 26 x 26 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.