mércores, 24 de xuño de 2015

OS FILLOS DO VENTO

OS FILLOS DO VENTO - Contos tradicionais xitanos
Autor: Onofre Sabaté
Editorial: Edicións Positivas, S.L
Ano de edición: 2011

Xénero: Narrativa

"Os fillos do vento" é unha escolma de contos tradicionais xitanos que tenta mostrar o talento de contadores do pobo xitano, e a súa intensa e variada literatura oral, espallada polas máis diversas culturas e por múltiples territorios.

E hai certos contos que se poderían incluír no patrimonio oral de moitos outros pobos, sendo o exemplo máis claro O barqueiro xitano. Porque hai un fondo común de moitas narrativas e porque o pobo xitano sempre libou de todas as culturas.

Esta escolma ten como protagonista case sempre ao pobo xitano, e a súa historia, a perfección e a superioridade da raza, a intolerancia da que son vítimas, as profesións, a música, a antipatía polo traballo e o aprezo pola liberdade ou o antimilitarismo, a hospitalidade...
 
ISBN: 978-84-87783-98-2
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm
Nº de páxinas: 122

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.