domingo, 28 de xuño de 2015

ONDE VIVEN OS MONSTROS

ONDE VIVEN OS MONSTROS
Autor: Maurice Sendak
Tradución: Xosé Manuel Gónzalez
Editorial: Kalandraka Editora, S.L - 2014
Colección: Tras os montes

Xénero: Contos Infantís
Idade recomendada: + 3 anos.

A noite en que Max vestiu o seu traxe de lobo e empezou a facer trasnadas dunha clase e doutra, súa nai chamoulle: -MONSTRO! E Max díxolle: -VOUTE COMER!

Así que mandouno para a cama sen cear. Aquela mesma noite, no cuarto de Max xurdiu un bosque que medrou... Esta obra, publicada por primeira vez en 1963, suscitou certa polémica polo seu tratamento nada exemplarizante dos nenos, pero converteuse nun clásico da Literatura Infantil e Xuvenil e nun referente imprescindible no seu xénero.

The New York Times elixiuno como un dos mellores libros ilustrados da época e foi título destacado pola Asociación Americana de Bibliotecas. Dende entón, traduciuse a numerosas linguas e converteuse nunha das obras máis vendidas de todos os tempos.

ISBN: 978-84-8464-661-7
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.