sábado, 20 de xuño de 2015

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Autora: Ledicia Costas
Ilustracións: Víctor Rivas
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de edición: 2014

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 11 anos.

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.

A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.

Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Premio Merlín de Literatura Infantil 2014
 
Serie: Merlín marelo
ISBN: 978-84-9914-739-0
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19 x 14 cm
Nº de páxinas: 167

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.