sábado, 16 de maio de 2015

MILLO VERDE

MILLO VERDE
Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de edición: 2002

Xénero: Narrativa

Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade.

Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por que?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.

"Millo verde" ten un sorprendente e inesperado desenlace, mais isto non mitiga o drama social que na novela se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes.

ISBN: 84-8302-824-7
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm
Nº de páxinas: 175

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.