luns, 11 de maio de 2015

LETRAS DE XEO

LETRAS DE XEO
Autores: Pereledi (Pere Tobaruela e Ledicia Costas)
Ilustración: Andrés Meixide
Editorial: Everest Galicia, S.L
Ano de edición: 2012

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 10 anos.

Unha noite de tronos e lóstregos, Lois, o fillo do conserxe do CEIP do Piñeiro, atopa cinco letras que semellan de xeo e coas que só se pode formar unha palabra con sentido:"Crime".

Velaquí o principio dun asunto que, co paso dos días, acadará dimensións insospeitadas e certamente incribles, ás que Lois se terá que enfrontar coa axuda de Xela, unha compañeira de escola; e mais a señora Matilde, unha policía nada común que a Lois lle lembra a súa avoa.
 
ISBN: 978-84-403-1215-0
Encadernación: Tapa branda
Serie: Ler é vivir
Nº de páxinas: 115

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.