mércores, 13 de maio de 2015

GALLEIRA PASSPORT

GALLEIRA PASSPORT
Crónicas Viaxeiras do século XXI
Autor: Luis Menéndez
Editorial: Alvarellos Editora
Ano de edición: 2014

Xénero: Narrativa

"Galleira" é Galicia na xerga gremial dos afiadores, o irónico e mundial barallete. O termo serviulle de alicerce a Luís Menéndez, xornalista ambulante, para ganduxar relatos de tres inesquecibles travesías polas realidades multiculturais de vinte e seis países.

Desde Irlanda a Bretaña, de Estonia a Chipre, de Brasil e Timor-Leste ata Mozambique...

Como sinala Manuel Rivas no Limiar, "Galleira Passport" é unha descuberta que supón unha revolución óptica sobre a galeguidade e un agasallo conmovedor e sutil que xa pertence para sempre a esa arca onde atesouramos o imprescindíbel.

ISBN: 978-84-89323-57-5
Encadernación: Tapa branda
Formato: 23 x 13 cm
Nº de páxinas: 240

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.