domingo, 24 de maio de 2015

150 anos de "ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS"

Tal día como hoxe, o 24 de maio de 1865 e cunha tirada incial de dous mil exemplares, publicouse por primeira vez pola editorial Macmillan and Co. de Inglaterra a obra "Alicia no país das marabillas" do escritor  Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido baixo o seudónimo de Lewis Carroll.

Este ano celébrase o 150 aniversario da publicación deste clásico literario que lonxe de estar en desuso, esta surrealista historia segue suscitando paixóns.



Incontables as edicións que se fixeron ao longo deste século e medio e non poderiamos calcular os litros de tinta que se investiron ilustrando as súas disparatadas escenas. O cine tamén se fixo eco desta historia en varias ocasións e os seus personaxes obtiveron protagonismo propio, converténdose en iconos.


As aventuras de Alicia no País das Marabillas é un contido estupendo para traballar en calquera etapa educativa e na Rede dispoñemos de moitos materiais para o seu traballo. A modo de pequena contribución á homenaxe que a nivel mundial estase facendo a esta obra literaria, ofrézoche este repositorio con 10 recursos educativos que podes atopar na web:

Fonte: Adaptación do artigo orixinal de Aisha Pereira Santana publicado en proyectoELEFANTE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.