xoves, 16 de abril de 2015

"A VOLTA AO MUNDO EN OITO MÁQUINAS" con Polo Corro do Vento en BiblioPazos

En BiblioPazos continuamos coas actividades de Animación á Lectura para seguir celebrando o mes do libro, pois como sabedes que no mes de abril de cada ano se celebran en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día Internacional do Libro (23 de abril).

https://www.dropbox.com/s/fgx5h9fh72kyd9t/2015-04-23%20polo%20correo%20do%20vento.jpg?dl=0

Por esa razón o próximo xoves día 23 de abril teremos con nos o contacontos "A volta ao mundo en oito máquinas" a cargo dos nosos amigos de Polo Correo do Vento Enrique Mauricio e Carlos Taboada. 

"A volta ao mundo en 8 máquinas" é un conto ilustrado homenaxe a Jacques Tati no que se realiza unha maridaxe entre a narración e a ilustración: mentres o narrador conta a historia, o ilustrador realiza un mural relacionado co que se relata.

A actividade complétase cun miniobradoiro de ilustración no que os asistentes aprenderán a debuxar os personaxes da historia guiados polo ilustrador. Finalmente, todos os participantes daranlle cor ás escenas do conto realizadas polo ilustrador. 

O contacontos terá lugar na Sala de Lectura de BiblioPazos, o venres día 23 de Abril ás 11:00 horas e xa temos confirmada a asistencia dos alumnos do 2º ciclo de Primaria do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos.

A entrada é de balde ata completar o aforo e quedan poucas prazas libres, así que xa sabes, se queres asistir que saibas que é necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 986 497 273 da biblioteca, enviando un correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org ou enviado unha mensaxe a través do Facebook de BiblioPazos.

Esta actividade está patrocinada a Deputación Provincial de Ponteveddra dentro do seu Plan Cultural de 2015.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.