mércores, 25 de febreiro de 2015

Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o ano 2015

Da oficina dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello nos envían a seguinte información:


PERSOAS BENEFICIARIAS:
  • Persoas que teñas ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 02/01/2012 e o 01/01/2015, ambolos dous incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
REQUISITOS:
  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma Galega.
  • Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
CONTÍA DA AXUDA: 
  • A contía da prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
-Cando sexa a primeira filla ou fillo:                             360 €
-Cando sexa a segunda filla ou fillo:                           1.200 €
-Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos:    2.400 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Ata o 14 de marzo de 2015
MÁIS INFORMACIÓN nas oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Pazos de Borbén os luns, mércores e xoves no horario de atención ao público.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.