domingo, 22 de febreiro de 2015

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2015


Dende BIBLIOPAZOS queremos sumarnos aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebrará en todo o mundo o próximo día 2 de abril e que en España promove a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY (International Board on Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea. 

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc.

Este ano difundirase entre os nenos e nenas do mundo a mensaxe da escritora MARWA OBAID e o cartel da ilustradora NASIM ABAEIAN que preparou a sección IBBY de Unión de Emiratos Árabes.

Como NOVIDADE para o ano 2015 a OEPLI convídanos a todos a participar no Concurso “Nós lemos, e ti?” cuxas bases podes descargar AQUÍ. 

Nos próximos días informaremosvos das actividades programadas. 

Fonte: GÁLIX - OEPLI


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.