martes, 24 de febreiro de 2015

Contacontos "ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS" con MARISA IRIMIA


O día 24 de maio de 1865 e cunha tirada incial de dous mil exemplares, publicouse por primeira vez pola editorial Macmillan and Co. de Inglaterra a obra "Alicia no país das marabillas" do escritor  Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido baixo o seudónimo de Lewis Carroll.

Para celebrar a conmemoración do
150 aniversario da publicación
desta obra, o próximo 

Xoves día 26 de febreiro

ás

11:00 horas

na

Sala de lectura
de
BIBLIOPAZOS

teremos a

MARISA IRIMIA

con

"Alicia no País das Marabillas"

para nenos e nenas a partir dos 5 anos de idade.

Esta actividade é patrocinada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela froito da colaboración do Concello de Pazos de Borbén coa mesma para fomentar a animación á lectura entre a poboación a través da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén.

https://www.facebook.com/people/Fundaci%C3%B3n-Filomena-Rivero-Alonso/100004491168005

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.