luns, 12 de xaneiro de 2015

OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ

Os Megatoxos e os Templarios da Luz
Autor e ilustrador:Anxo Fariña Temprano
Edicións Xerais de Galicia S.A.
1ª edición: xullo 2013
Colección: Megatoxos 

Idade recomendada: + 12 anos

A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes.

O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos.

Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que lles gustaría.

Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz.

E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira...
 
Ti que escollerías? 

Formato:15 x 21,5 cm 
Encadernación: Cartonado 
Nº de páxinas: 192 
ISBN: 978-84-9914-533-4


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.