Astérix e os Pictos
Texto: Jean-Yves Ferri
Debuxos: Didier Conrad
Cor: Thierry Mébarki, Murielle Leroi e Raphaël Delerue
Traducción: Isabel Soto e Xavier Senín
Editor: Salvat - Xerais
Unha nova aventura de Asterix o Galo
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos
romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irreductibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as
gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de
Babaórum, Aquárium, Laudanum y Petibónum…
Novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de
sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta,
Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.
Os Pictos? Así é, os Pictos!
Estes pobos da antiga Escocia, irreducibles guerreiros de varios clans,
cuxo nome, outorgado polos romanos, significa literalmente "os homes
pintados".
Deste xeito, seguindo as mellores tradicións das aventuras do máis célebre dos galos, Astérix e os Pictos constitúe unha viaxe épica a unha bisbarra rica en tradicións e o descubrimento dun pobo cuxas diferenzas culturais se traducirán en gags e xogos de palabras memorables. Whisky? Lanzadores de cáber? Gaitas? Apelidos con Mac? Por fin coñécense as orixes da muralla de Adriano e o monstro do Lago Ness?

E, mesmo quen sabe, galos en saias escocesas,... Gran suspense!
Formato: 30 x 23 cm.
Encadernación: Tapa dura
ISBN: 978-84-9914-534-1
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.