Á sombra dos anacardios
Texto de Antón Fortes
Texto de Antón Fortes
Ilustracións de Simona Mulazzani
OQO Editora Setembro 2010
Idade recomendada: +8 anos
Ten flores verdes, ás veces amarelas,
e unhas froitas vermellas que se comen.
Sempre lle pregunto cando me vou a curar,
para non ir máis ao hospital. As follas abanean
co vento... parecen dicir: Axiña. axiña.!
e unhas froitas vermellas que se comen.
Sempre lle pregunto cando me vou a curar,
para non ir máis ao hospital. As follas abanean
co vento... parecen dicir: Axiña. axiña.!
En pleno entroido de Bissau, distínguese a vida dos nenos guineanos cos traballos, e os días de escola e hospital, e envolvéndoo todo, o drama da SIDA. Pero hai un refuxio para os xogos, os segredos e a esperanza. Á sombra dos anacardios medra a vida. Este libro é parte do proxecto da ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ sobre a SIDA na infancia en Guinea Bissau.
A
elección desta árbore -o anacardio- non é gratuíta, xa que abunda neste país
africano. Precisamente, o froito, do mesmo nome e comestible, é de sabor
agridoce e a súa pel ten propiedades medicinais, polo que é utilizada
en produtos farmacéuticos. A ilustradora italiana Simona Mulazzani viste esta árbore protectora con cores moi ligadas ao continente africano: verde, amarelo e vermello intensos.
Nº de páxinas: 40
Encadernación: cartoné
Formato: 24 x 30 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.