mércores, 5 de novembro de 2014

SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello nos envían esta información que consideramos de interese para toda a mocidade.

Esperamos que vos sexa de utilidade.


Obxecto: Dentro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, enmarcouse a Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven.

Esta estratexia recolle 100 medidas para mellorala empregabilidade e falicitar o acceso dos xoves a o mercado laboral. Unha desas medida é a Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Beneficiarios: Mozos e mozas non ocupados nin integrados nos sistemas de educación ou formación que sexan maiores de 16 anos e menores de 25 (A idade amplíase ata os 30 anos no caso de ser unha persoa con algunha discapacidade).

Servizo que ofrecen:
  • Ofertas de emprego
  • Plan de educación.
  • Plan de Formación
  • Formación en aprendiz ou prácticas.

Proceso de inscrición: De forma telemática con DNI electrónico e/ou certificado electrónico, e tamén solicitando usuario e contrasinal.

Máis información:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.