venres, 24 de outubro de 2014

Os Fantasticos Libros Voadores de Mr. Morris Lessmore

"Os Fantásticos Libros Voadores de Mr. Morris Lessmore" ten o Óscar á mellor curta de animación en 2011. Foi realizada por William Joyce e os seus colaboradores de Moonbot Studios, baixo a dirección de Brandon Oldenburg. Se queres ver detalles de cómo o fixeron, o Sr. Morris Lessmore ten a súa propia web. 

A película de animación está inspirada na mesma medida, polo huracán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz, e un amor polos libros. 

É unha historia de persoas que dedican a súa vida aos libros e libros que lles devolven o favor. É unha alegoría humorística conmovedora acerca dos poderes curativos da historia. 

Tamén dicir que se trata dunha película muda que o di todo sobre o universo da lectura e a escritura.

Invítovos a que o vexades e voedes nese mundo máxico. Son quince minutos sen palabras, cheos de música preciosa, dunha animación perfecta… pero sobre todo, quince minutos para contarte que os libros iluminan a nosa vida.

Unha perfecta homenaxe ao libro nun día tan especial como hoxe:

DIA DA BIBLIOTECA

Seguro que en clase ou en casa pasamos un bon rato vendo a curta cos rapaces … Qué comentarán despois de velo?

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.