venres, 1 de agosto de 2014

DOR - Alessandra Pereira Hermida

Dor

Xeo
   Frío.
     Folerpas.
         Terror.
O xeo conxélame o mundo de horror.
As folerpas mestúranse coas miñas bágoas,
que pouco a pouco comenzan a ser lagoas,

A vía do tren.
para os nenos un lugar de lecer;
para min, unha das peores armas;
un lugar que soterra mil almas.

Está fronte á miña fiestra,
como se estivese poñéndome a proba,
recordándome que é unha vía tétrica
por ter arrincado de min beleza.

Eu antes estaba chea de flores,
flores como a que a miña nai era
antes de que a vía a levara á morte
naquel tempo no que era primavera.

Agora chega o verán, a estación estival;
chega o bo tempo, a calor:
pero eu sigo sentindo a mesma dor...
Xeo.
   Frío.
     Folerpas.
         Terror.

Alessandra Pereira Hermida
Colexio plurilingüe Mariano de Vigo
"De papoulas e destrucción" editado pola Fundación Rosalía de Castro, 2014

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.