domingo, 20 de xullo de 2014

QUÉ FACEMOS ESTAS VACACIÓNS?

É unha pregunta moi interesante e que tería moitísimas respostas.

Dende BIBLIOPAZOS suxerimos que aproveitedes o período vacacional para ler, sobre todo para ler. Ler moito e de temas moi variados.

Pero tamén temos outras propostas como as de participar nas actividades de verán do Concello, das festas parroquiais e da natureza de Pazos de Borbén.

Pero si queredes saír de Pazos de Borbén e pasar o día fora propoñemos unha visita a Santiago de Compostela ao Centro Cultural ABANCA na Praza de Cervantes, á Exposición 'Tradición, cambio e innovación' que abríu o 9 de xullo ao público, e que exhibirá durante todo o verán -en horario de 17:00 a 21:00 horas- obras de grandes mestres do século XX.

A exposición reúne unha selección de 111 creacións entre pintura, debuxo, escultura e fotografía e algunhas obras son de primeirísimo nivel.

Entre as obras elixidas hai varias de Picasso e Dalí, de artistas galegos como Castelao, Maruja Mallo, Laxeiro, Luís Seoane e Manuel Colmeiro. Seis obras ensínanse á cidadanía por primeira vez: Composición cubista con botella de María Blanchard; Nature norte aux pipe de Jean Metzinger; Wisslich de Vassily Kandinsky; Composición sur fond bleu de Fernand Leger; Lle trouble du thaumaturge de Giorgio de Chirico; e Antártica desde o mar de Weddel de Pamen Pereira.

Weisslich, 1929, Kandinsky
Antártica desde o mar de Weddel de Pamem Pereira
Composición cubista con botella de Marie Blanchard
Así que xa sabedes, se vos gusta esta actividade programar un día de visita a Compostela e visitar esta interesantísima exposición.

¡Feliz Verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.