CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
▼
venres, 23 de maio de 2014
A TORRE DAS LAVERCAS - Literatura Infantil
A Torre das LavercasAutor:Daniel AmeixeiroIlustracións:Irene Fra GálvezEdicións Xerais de Galicia S.A., 2012 Colección Merlín marelo Idade recomendada: De 11 anos en dianteA Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores.Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis.Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade. Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre.O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: —Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo.13,5 x 19 cmRústica cosido a fío208 Páxinas ISBN: 978-84-9914-343-9
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.