Hoxe Mércores 2 de Abril, ás 12:30 horas na Sala de Lectura, celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil cunha nova actividade organizada por Bibliopazos, o Obradoiro Creativo "Xogando coas letras" a cargo de Patricia Martínez de EDUVÍA no que participarán os alumnos de 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Xogando coas letras" mostraranos a faceta políglota de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado para o Día das Letras Galegas de 2014 que nos fará reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística e adentrarnos no interesante mundo das linguas, sempre divertido e enriquecedor: Français, Deutsch, English...
Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,
en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de
Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria."Xogando coas letras" mostraranos a faceta políglota de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado para o Día das Letras Galegas de 2014 que nos fará reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística e adentrarnos no interesante mundo das linguas, sempre divertido e enriquecedor: Français, Deutsch, English...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.