mércores, 23 de abril de 2014

Historia de Galicia - Da vida nas covas ás acampadas nas prazas -LIBROS INFANTÍS

 
Historia de Galicia
Da vida nas covas ás acampadas nas prazas
Texto e ilustracións: Pepe Carreiro 
Editorial Baía Edicións 
A Coruña, 2012

Idade recomendada: A partir de 8 anos

Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais:


  • Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico?
  • Cando comezaron as primeiras rapas das bestas?
  • Cando se construíron os primeiros castros?
  • Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular?
  • Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chegaron no século V?
  • Quen foi o primeiro rei de Galicia?
  • Onde se asentaron os musulmáns no ano 711?
  • Que nobre galego morreu decapitado en Mondoñedo?
  • De onde lle vén o nome aos Séculos Escuros?-
  • De onde viñeron o millo e as patacas?
  • Quen introduciu a industria conserveira?
  • Con que libro comeza o Rexurdimento de Galicia?
  • En que ano se plebiscitou o Estatuto de Autonomía redactado por Bóveda?
  • Que sucedeu no ano 1936 e cales foron as súas consecuencias en Galicia?-
  • Como se combateu en Galicia a ditadura?
  • Ten Galicia goberno propio?
  • Cal é a situación actual do país?


Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos.
 
Nº de páxinas: 90
Encadernación: Tapa dura
Tamaño: 17 x 12,5 cm
ISBN: 978-84-9995-034-1

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.