xoves, 24 de abril de 2014

Historia da Lingua Galega - Do latín ao acento de Burgos - LIBROS INFANTÍS


Historia da Língua Galega 
Do latín ao acento de Burgos 
Texto e ilustracións: Pepe Carreiro 
Editorial Baía Edicións 
A Coruña, 2012 

Idade recomendada: A partir de 8 anos 

Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai de moi doada lectura.


Estrutúrase arredor de doce períodos:
1) Que lingua falaban en Galiza antes da romanización.
2) A romanización.
3) A lingua de Galiza durante 700 anos.
4) Ao principio, lingua oral.
5) Conversión en lingua escrita.
6) A penetración do castelán.
7) Os Séculos Escuros.
8) A Ilustración.
9) O Rexurdimento.
10) O século XX.
11) A persecución no 36.
12) A lingua galega hoxe.
Nº de páxinas: 60
Encadernación: Tapa dura
Tamaño: 17 x 12,5 cm
ISBN: 978-84-9995-031-0

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.