luns, 28 de abril de 2014

"Contos susurrados" en BIBLIOPAZOS

O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.


Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus "Contos susurrados" transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.


Os participantes desta actividade -alumnos de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.

De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:






Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.