Comenzan as actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS, organizadas en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se se levarán a cabo nos meses de Marzo, Abril, Maio e Xuño de 2014.
O programa LER CONTA MOITO desenrolase a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,
en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de
Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A primeira das actividades será mañán Xoves 27 de Marzo e este é o seu cartel.
A partir das 13:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoraremos o Día Internacional do Teatro coa actriz, escritora e contacontos Carmen Domech que nos presentará o seu espectáculo de narración oral "Contacontos de libros contentos" no que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos.
"Os
libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un
suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar a
súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos,
deliciosos. Cousas fantásticas contan estes libros, pois de todo lles
pasou."
Con este contacontos mostraranse os libros dende unha perspectiva diferente, achegándose ao público dunha forma máxica, intentando fomentar a súa imaxinación e incitando aos participantes a descubrir por eles mesmos as marabillosas historias que os libros encerran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.