luns, 24 de febreiro de 2014

Recursos didácticos para o entroido

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística preséntanos unha páxina con recursos do entroido en galego moi interesante. Se queredes saber máis seguir lendo a noticia.

A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) quere agradecer e recoñecer con este novo monográfico especial do Entroido o labor que desenvolven centros como o CEIP Mestres Goldar de Vigo, a Escola Unitaria de Vide (As Neves), o CEIP Friáns-Teis, o CEIP Bergantiños de Carballo ou o CEIP Víctor Sainz de Mazaricos, o conxunto das bibliotecas escolares e docentes como Norberto Blanco, exemplos dun traballo colaborativo que redunda en beneficio de toda a comunidade educativa.

A CGENDL quere expresar a súa preocupación pola escaseza de recursos educativos actualizados e en galego para desenvolver actividades relacionadas coas máis variadas temáticas. Nesta conxuntura, toman maior relevancia os esforzos voluntarios feitos polo profesorado galego por cubrir esta carencia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.