O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén facilítounos a seguinte información sobre o Programa de PERSOAS MAIORES de Cruz Vermella.
Fai clic na imaxe |
¿Qué é?
Consiste nunha serie de accións destinadas a favorecer a independencia das persoas maiores reforzando as capacidades cognitivas, motoras, de comunicación e de relación social.
¿Qué tipo de actividades inclúe?
Obradoiros
Para o 2013 o programa inclúe a posibilidade de facer obradoiros nos que todos aprendemos de:
-Memoria.
-Estimulación da función motora.
Fai clic na imaxe |
Alfabetización para adultos.
-Cachibol.
-Fomento da creatividade
-Reciclaxe.
-Crochet.
-Patmaché.
-Craquelado.
-Traballo con fieltro.
-Historia para todos.
-Informática.
-Inglés básico.
-Outros.
Charlas
De apoio, nutrición e dietas específicas, ioga, teleasistencia, sexualidade, outras...
Saídas e visitas
Terapia asistida con animais, Fundación Sales, Museo do Marco, Museo do mar. Outras.
Acompañamentos
A persoas que viven soas e/ou que pola súa situación poden necesitar que un voluntario/a as visite e faga algunha actividade con elas (xogos de memoria, saídas ou paseos, acompañamento ao médico, etc).
¿Qué o fai posible?
O programa realizase gracias ao traballo do equipo de persoas voluntarias que organizan e desenvolven as actividades de forma dinámica e participativa, intenando que haxa intercambio de experiencias e aprendizase para todos, facilitando a comunicación interxeneracionel e a acción social.
¿Cómo pedir información?
Podes informarte no Departamento Servizos Sociais do Concello no seu horario habitual de atención ao público ou no número de teléfono 986 497 035.