luns, 2 de decembro de 2013

A viaxe de OLAF - LITERATURA INFANTIL


A VIAXE DE OLAF
Texto e ilustracións: MARTÍN LEÓN BARRETO
Tradución: MANUELA RODRÍGUEZ

Idade recomendada: + 3 anos

IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO 2011
INCLUIDO NA SELECCIÓN THE WHITE RAVENS 2012 

Olaf vivía nun planeta moi, moi pequeno.
Nunha casa moi, moi grande.
Un bo día, aburrido, Olaf saíu a camiñar… e camiñou!
Olaf camiñou e camiñou,
e un peixe que tiña a cola do revés atopou.
–Vés comigo? –preguntoulle.
E como non dixo que non…

O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante...

“A viaxe de Olaf” destaca pola profusión de colorido e pola harmonía coa que Martín León Barreto combina gamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricas dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo crebacabezas faunístico.

A obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, axústase a un esquema baseado nos contos tradicionais: rimas, xogo de contrarios, diálogo reiterativo, oralidade... Olaf fainos partícipes dunha aventura a través do día e da noite, sobre a amizade e a xenerosidade.

■ Temática: viaxe iniciática na busca de compaña e amizade.
■ Aspectos destacables: IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado; relato acumulativo, estrutura repetitiva (contos tradicionais); animais imaxinarios; astronomía; profusión cromática, formas xeométricas.
 
ISBN 978-84-8464-769-0
Encadernado en cartoné.
22 x 22 cm.
48 páx.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.