xoves, 14 de novembro de 2013

O serrote do Gil - LITERATURA INFANTIL

 
O serrote do Gil 
Margarita Ledo
Ilustracións de David Pintor 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 
 
Idade recomendada: + 6 anos
 
Gil vai coa súa serra ao bosque, e ponse a serrar unha árbore pois quere levar un anaco de de madeiro de madeira para arranxar o escano dun veciño. A árbore rise a gargalladas porque lle fai cóxegas. Entón aparecen dous petos, Guntín e Gontán, galego e portugués respectivamente, que lle axudan. El serra por diante e eles perforan por detrás. E mesmo van logo con el á súa casa, axudándolle a arranxar o escano. Cando rematan, os tres, como os monicreques, fan tres piruetas e vanse. 
 
Álbum que traslada a imaxe dos personaxes con simpatía en ilustracións de trazo directo e dinámico. 
 
32 páx. 
16 x 19 cm. 
ISBN 978-84-9865-200-0

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.