venres, 29 de novembro de 2013

Máxico tear natural - LITERATURA ADULTOS


Máxico tear natural
Xosé Manuel Lobato Martínez

Lectura recomendada para adultos.

Unha experiencia íntima coa paisaxe de Galicia. Nunha viaxe moi persoal por 23 espazos. Esta obra recolle unha viaxe moi persoal por Galicia. Ao longo de 23 etapas, o autor transmítenos a súa experiencia íntima, directa e fonda coa paisaxe que o rodea: as fragas do Eume, Fisterra, Montefurado, Pambre, Cortegada, San Simón, a Raia ourensá ou o Pico Sacro son algunhas das estadías.

Os bosques vizosos, os pobos dos emigrados, os cumios na brétema, os regueiros máxicos...

Todos eles son interiorizados na prosa poética de Xosé Manuel Lobato. Espazos místicos, ás veces caóticos, no lindeiro entre o real e a ficción.

“Máxico tear natural tal vez recolle unha utopía —afirma o autor na introdución— tal vez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para unha gran maioría. O libro pretende sobrevoar o herdo patrimonial de Galicia, refractada a súa realidade —e tamén idealismo— nun feixe de textos que abrollan espontaneamente dende unha perspectiva de intensos contrastes”.
 
ISBN: 978-84-89323-66-7
113 páx.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.