sábado, 16 de novembro de 2013

Ha vuelto - LITERATURA ADULTOS

Novidade en BIBLIOPAZOS 


HA VUELTO
Autor: Timur Vermes
Xénero: Humor
 
O fenómeno literario do ano: un éxito sorprendente en Alemaña, que xa cruzou fronteiras.

É o verán de 2011. Adolf Hitler esperta nun descampado no centro de Berlín. Non hai símbolos nazis, reina a paz, as rúas están invadidas por estranxeiros, e Alemaña está gobernada por unha muller repoluda que fai o que quere en Europa. Sesenta e seis anos despois da súa caída, o resucitado Hitler triunfa na televisión como perfecto imitador do Führer, un cómico xenial. Pero el non chancea en absoluto. A fama é a plataforma perfecta para retomar a súa carreira política. Que dano podería facer hoxe Hitler? Esta disparatada historia está contada por el mesmo, un home que analiza tenazmente o seu ámbito, que descobre de modo fulminante os puntos débiles dos demais, que, cunha teimosía sen límites, guía a súa estraña lóxica, con fanatismo pero tamén con lucidez. As librarías de toda Alemaña exhiben a portada do fenómeno literario do ano. Esta divertida novela que xa leu un millón de persoas pronto será publicada en trinta e dous países, mentres se roda a película. Timur Vermes logrou algo inimaxinable con esta sátira feroz, e é que ríamos non xa de Hitler, senón con el. É posible algo así? Está permitido?

ISBN: 978-84-322-2036-4

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.