sábado, 30 de novembro de 2013

Do sentimento á conciencia de Galicia - LITERATURA ADULTOS


Do sentimento á conciencia de Galicia.
Correspondencia 1961-1984
Colección Memoria 

Lectura recomendada para adultos.

Reúnese neste libro a correspondencia cruzada entre Ramón Piñeiro e Basilio Losada desde 1961 ata 1984. 

En total, 453 cartas que ofrecen un pormenorizado testemuño dun longo período da historia galega. Desde Compostela, Piñeiro actúa como mestre e amigo, editor e dinamizador do galeguismo; en Barcelona, Basilio Losada segue as novidades de Galicia, intervén nas actividades da clandestinidade, actúa como mediador entre a cultura galega e a catalá.

Velaquí un epistolario excepcional, que sobarda o carácter privado e que sitúa o lector nun lugar de observación privilexiado.
 
ISBN: 978-84-9865-176-8
1.166 páx.
1ª edición, maio 2009

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.