domingo, 24 de novembro de 2013

"CORAZÓN" de Edmundo de Amicis - NOVIDADES DE LECTURA XUVENIL E ADULTOS

CORAZÓN
Autor: Edmondo de Amicis
Colección narrativas
Edicións Positivas S.L.
1ª edición, 2011

Lectura recomendada: Xuvenil e Adultos

"Corazón" é o libro máis lido en toda a historia italiana. E permanece aínda hoxe en día como obra referente para todos os italianos.

Este "Diario dun neno", como tamén é coñecido, está impregnado dun grande ton moralizante, didáctico, e mesmo nacionalista. O libro transcorre entre 1881 e 1882, ano da morte de Garibaldi, e anos posteriores á liberación de Italia e a súa unificación.

De amicis sabe narrar, por medio dunha linguaxe directa e sinxela, o mundo da infancia, coas súas alegrías e tristezas. E tenta rescatar os valores da amizade, da solidariedade e do esforzo. E gaba o traballo dos pais e dos mestres, elos fundamentais para a nova Italia que De Amicis arelaba anhelaba.

LIMIAR DO AUTOR

Este libro está dedicado particularmente aos nenos das escolas elementais, de 9 a 13 anos, e poderíase titular "A historia dun ano escolar" escrita por un alumno de terceiro grao dunha escola municipal de Italia.

Dicindo "escrita por un alumno de terceiro grao" non quero significar que a escribiu así, tal cal está impresa. Anotábao nun caderno, paseniño e como sabía facelo, o que vira, oído, pensado na escola e fóra dela; e o seu pai, ao terminar o ano escolar, guiándose por eses apuntos, escribiu estas páxinas, tratando de non alterar o pensamento e de conservar, no que fose posible, as palabras do fillo, o cal, catro anos despois, cando xa estaba no secundario, releu o manuscrito e agregoulle algo, valéndose par aiso dos recordos aínda frescos que conservaba de persoas e cousas.

Agora que vostedes coñecen a súa orixe, lean este libro. Eu espero que os entreteña e divirta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.